Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2012/109-2, 8078 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Gasóleos Ceao, S.L.

Domicilio social: r/ Canteiros, 20, 27004 Lugo.

Denominación: distribución de LMT, CT e RBT en PE CC1 Polinox.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe no CS Kentes (existente), entra e sae no CT PE CC1 Polinox (proxectado) e remata nun empalme coa liña de media tensión soterrada existente con dirección ao CT PE Outeiro 3, cunha lonxitude de 160 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

– CT PE CC1 Polinox en edificio prefabricado tipo PFU 3, cunha potencia de 100 kVA no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

– RBTS con orixe no CT PE CC1 Polinox, cunha lonxitude de 203 metros de condutor tipo RV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 7 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo