Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 268/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo 1 ao proxecto LMT, CT, RBT Albagueira.

Situación: concello de Val do Dubra.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,387 km, con orixe en apoio existente 107-63 da LMT NEG-806 (Vilar de Suso-LA30), con entroncamento na derivada ao CT Vilar Rebordelos (expediente 50.216), condutor tipo LA 56/54,6 mm², e final no CTI Albagueira (proxectado).

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,135 km, con orixe no CTI Albagueira (proxectado), condutor tipo RZ e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña