Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19553

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no primeiro cuadrimestre do ano 2013, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2013

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello
da Cultura Galega

Data da sinatura

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universitat de Barcelona a través do Centre Dona i Literatura

Sen dotación económica

14.2.2013

Convenio de cooperación entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas do alumnado das titulacións impartidas na Facultade de Filoloxía e na Facultade de Humanidades e Documentación

Sen dotación económica

12.3.2013

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo Cartografías de mulleres: Mabel Ribera, homenaxe a Rosalía de Castro

42.350 €

20.3.2013

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo A lingua e a cultura galega nos medios de comunicación: o caso de Radio Nacional de España en Galicia, 1958-1996

42.350 €

20.3.2013

Convenio entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración do Repertorio da prensa galega na emigración americana

84.700 €

20.3.2013

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística

34.500 €

25.3.2013