Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19554

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de maio de 2013 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para o acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas, convocados pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril).

Mediante a Orde do 17 de setembro de 2012 (DOG do 8 de outubro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas, Daniel Blanco Chapela e Pablo González Sequeiros que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril) e que tiveron concedido o aprazamento da fase de prácticas durante o curso 2008-2009, 2009-2010, 2010-2011 e 2011-2012.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas pola comisión avaliadora, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 9 de abril de 2008, especialidade de Matemáticas, os opositores Pablo González Sequeiros (DNI 34876104-P) e Daniel Blanco Chapela (DNI 73241894-G).

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria