Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19667

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO sobre a actuación urbanística industrial Morelle.

Ao abeiro do disposto nos artigos 11.2 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo, e 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de marzo de 2013, prestou a súa aprobación definitiva á revision e adaptación á LOUGA do Plan parcial na actuación urbanística industrial Morelle, Sarria (Lugo), redactado por Iceacsa e subscrito pola arquitecta Pilar Sánchez Cid e o enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Roberto Núñez de Arenas Basteiro.

Faise constar, así mesmo, que a dita aprobación definitiva lle foi comunicada e á vez que se lle deu traslado de dous exemplares debidamente dilixenciados do instrumento, con todos os planos e documentos que integran o plan aprobado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 30 de abril de 2013.

Contra o dito acordo, que pon fín á vía administrativa, poderase interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto.

Sarria, 30 de abril de 2013

José Antonio García López
Alcalde