Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontecesures

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle referido a reaxustes de aliñacións e volumes no ámbito coincidente coa única unidade de planeamento incorporado do Plan xeral de ordenación municipal.

Por acordo do Pleno, do 25 de marzo de 2013, aprobouse definitivamente o estudo de detalle referido a reaxustes de aliñacións e volumes no ámbito coincidente coa única unidade de planeamento incorporado (UPI) do PXOM, sita entre as rúas Sagasta, Rosalía de Castro, Castelao e rúas de nova apertura. O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ao tempo que se fai constar que a documentación prevista no punto 3) do dito artigo foi remitida, con data do 9 de maio de 2013, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontecesures, 9 de maio de 2013

Manuel Luís Álvarez Angueira
Alcalde