Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19668

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de formalización do contrato de subministración mediante alugamento con mantemento (renting), dun camión con guindastre de carga.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato de subministración mediante alugamento con mantemento (renting) dun camión con guindastre de carga para o Servizo de Vías e Obras Públicas do concello:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

c) Número de expediente: CT 01/2013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vilagarcia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de subministración.

b) Descrición: renting dun camión con guindastre de carga.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 34142000-4.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisicións: non procede.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro de 2013 e Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 22 de febreiro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 186.605,37 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 124.486,37 euros. Importe total: 150.628,74 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: Xunta de Goberno Local do 12 de abril de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 16 de abril de 2013.

c) Adxudicataria: Alvegal, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 95.400,00 euros. Importe total: 115.434,00 euros.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde