Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19568

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1074/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1074/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Rosa María Puente Puente contra a empresa Vaquero Sport Wear, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é:

«Acordo: ter por desistida a Rosa María Puente Puente da súa demanda contra Vaquero Sport Wear, S.L. e o Fogasa neste procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1074/2012.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente, art. 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº no Banesto indicando no campo concepto “recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vaquero Sport Wear, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2013

A secretaria xudicial