Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19566

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (974/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 974/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Ruiz González contra a empresa Vijun, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por María del Carmen Ruiz González contra a empresa Vijun, S.L., coa intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no punto segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, se optar a empresa por ela, 44.785,02 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza calculados a razón de 40,62 euros/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 11.048,64 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Miguel Ferreiro Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. Esta sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, celebrando audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vijun, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de maio de 2013

A secretaria xudicial