Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (79/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 79/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Neira Orille contra a empresa Media Digital Press, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza.

Na Coruña, 9 de maio de 2013

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 79/2011 seguidos por instancia de José Luis Neira Orille, representado polo letrado José Páramo Sureda, fronte a Media Digital Press, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Luis Neira Orille fronte a Media Digital Press, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe á parte demandante a cantidade de 2.200 euros.

Fronte a esta resolución non cabe interpoñer recurso de suplicación (artigo 191.2.g LRXS).

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Media Digital Press, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2013

A secretaria xudicial