Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2013 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de actuacións hidráulicas.

A Dirección de Augas de Galicia, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade das actuacións hidráulicas cofinanciadas pola Unión Europea que se citan a continuación:

1) Entidade encomendante:

Organismo: Augas de Galicia.

Actuacións: obra e servizo.

Tipo de tramitación: encomenda de xestión a empresas como medios propios instrumentais e servizos técnicos do poder adxudicador.

2) Obxecto da encomenda: obra e servizo.

a) Descrición: senda fluvial nos ríos Tea e Xabriña no concello de Mondariz. Mondariz (Pontevedra).

Número de expediente: OH.436.1020.

Orzamento: importe neto: 269.715,26 euros. Importe total: 326.355,46 euros.

Empresa encomendada: Empresa de Transformación Agraria, S.A.

Data de formalización da encomenda de xestión: 3 de maio de 2012.

b) Descrición: senda fluvial pola marxe dereita do río Tea nos concellos de Mondariz e Ponteareas. Mondariz e Ponteareas (Pontevedra).

Número de expediente: OH.436.1061.

Orzamento: importe neto: 271.162,83 euros. Importe total: 328.107,02 euros.

Empresa encomendada: Empresa de Transformación Agraria, S.A.

Data de formalización da encomenda de xestión: 3 de maio de 2012.

c) Descrición: servizo para o desenvolvemento e execución do plan de control de verteduras na demarcación hidrográfica de Galicia-Costa. Zonas Norte, Centro e Sur.

Número de expediente: OH.988.336.SV.

Orzamento: importe neto: 619.849,35 euros. Importe total: 750.017,71 euros.

Empresa encomendada: Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A.

Data de formalización da encomenda de xestión: 19 de febreiro de 2013.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

As obras sinaladas coas letras a) e b) do punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 %, no marco da 2ª convocatoria do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, eixe prioritario de cooperación e xestión conxunta en ambiente, patrimonio e contorno natural, Proxecto «Impulso dunha rede intercomunitaria de excelencia ambiental mediante a rehabilitación de ecosistemas fluviais naturais con fins turísticos», código: 0476_AQUATURNAT_1_E. Investimos no seu futuro. Unha maneira de facer Europa.

O servizo sinalado coa letra c) do punto 2) anterior está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 46: tratamento de auga (auga residual). Actuación 3.46.10: actuacións e medidas encamiñadas ao control das verteduras e da contaminación das masas de auga. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file