Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do recurso de revisión interposto contra a resolución do recurso de alzada do expediente INC-CO-0067/2010-LSA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de revisión interposto contra a resolución do recurso de alzada do expediente INC-CO-0067/2010-LSA.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Organización e Control de Medios da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas en San Lázaro, s/n, 15707 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente ao seu domicilio, ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-CO-0067/2010-LSA.

Interesado: Gabriel Rubio Mosquera.

Acto de notificación: resolución do recurso de revisión.

Último enderezo coñecido: Isorna, 50, 15983 Rianxo (A Coruña).