Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador ICA-LU-0035/2012-U.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente ICA-LU-0035/2012-U.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas na rúa do Camiño Francés, nº 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, consonte o establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: ICA-LU-0035/2012-U.

Denunciado: José Luis Gil Torres.

Acto de notificación: resolución.

Último domicilio coñecido: Vilar de Seo, 98, 27370 Rábade (Lugo).