Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de maio de 2013 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade (SIL/127/2012).

O 15 de abril de 2013, a instrutora do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/127/2012, que se tramita, entre outros, a Paloma Naranjo Morodo pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre no lugar dos Castros, termo municipal de Miño (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da proposta de resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística