Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de información pública sobre construción dun punto limpo neste concello (expediente R.E. 1763/2013).

O Concello de Guitiriz tramita un expediente de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño. A actividade identifícase como construción dun punto limpo no concello de Guitiriz (Lugo), na parroquia de Lagostelle, polígono 134, parcela 143, do concello de Guitiriz, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, segundo proxecto técnico do enxeñeiro agrónomo José Carlos González Cabo.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial de la provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría Xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 8 de maio de 2013

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde