Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muíños

ANUNCIO de información pública sobre centro de recolla de animais domésticos abandonados na Baixa Limia.

Neste concello tramítase o seguinte expediente de avaliación da incidencia ambiental:

Solicitante: Concello de Muíños.

Actividade: centro de recolla de animais domésticos abandonados na Baixa Limia.

Situación: parroquia de Barxés. Concello de Muíños.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese este expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste anuncio no BOP ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende realizar poidan examinar o expediente e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Muíños, 8 de maio de 2013

Plácido Álvarez Dobaño
Alcalde