Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19361

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de información pública sobre reforma e ampliación de granxa de visóns no Bugallo, parroquia de Oia.

José Manuel Álvarez Álvarez solicitou licenza municipal para reforma e ampliación da granxa de visóns existente no lugar do Bugallo, na parroquia de Oia deste termo municipal.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, das 9.00 ás 13.00 horas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas. O prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Oia.

Oia, 1 de xuño de 2012

Alejandro Rodríguez Rodríguez
Alcalde