Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19362

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública dunha modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1).

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 18 de abril de 2013, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) que afecta os artigos 150, 151, 152 e 155 da normativa urbanística, segundo o proxecto formulado de oficio polo Concello de Santiago de Compostela.

b) Someter o documento inicialmente aprobado ao trámite de información pública, durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia.

c) En cumprimento do exixido polo artigo 45 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia, solicitarase o informe do director xeral de Patrimonio Cultural.

d) Con carácter previo á aprobación definitiva polo Pleno municipal, e logo do acordo de aprobación provisional que compete adoptar á Xunta de Goberno Local, deberá solicitarse o informe, preceptivo e vinculante, do órgano competente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consonte o disposto polo artigo 69.4 da LOUG.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible