Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de maio de 2013, da Área Provincial da Coruña, polo que se require a retirada dos mobles da vivenda sita en Ferrol, rúa Enrique Granados, bloque 41, p-5, 2º esquerda do polígono de Caranza, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente c-1-iv/78, conta 31).

No curso do procedemento administrativo relativo á vivenda sita en Ferrol, r/ Enrique Grandos, bloque 41, P-5, 2º esquerda, conta 31, do expediente C-1-IV/78, a nome de José Castro García e herdeiros, xunto coa verificación da ausencia de moradores nela, constatouse a permanencia de diversos enxoval e enseres non retirados polos interesados, polo que, tras diversas indagacións e descoñecendo o seu domicilio actual, requírese a aquelas personas que puidesen ter dereito sobre tales mobles para que, unha vez acreditado, procedan á súa retirada no prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos enseres deberán dirixirse á Sección de Inspección e Sancións da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 2 de maio de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña