Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 15 de maio de 2013 polo que se empraza a interesada no expediente 15R002/140/2011 para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 15 de maio de 2013

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/140/2011.

Interesada: Euroclub 21, S.L.

CIF: B-82524562.

Acto notificado: resolución de expediente.