Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19313

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1018/2010).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial, en substitución, do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1018/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pombo Vilar contra a empresa Horminorsa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por María Pombo Vilar contra Horminorsa, S.L.U., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa, a suma de catro mil cento setenta e seis euros con corenta e sete céntimos (4.176,47 €) en concepto de salarios, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte o da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Horminorsa, S.L., en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

A secretaria xudicial