Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19314

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (153/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 153/2012, por instancia de Javier Pensado Malleu contra a executada Compostela Works & Games, S.L. e Luis Castedo Arias, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 8 de maio de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 4.535,67 euros de principal máis 454,77 euros, que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

A secretaria xudicial