Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 324/2010).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado LMTS, CT Catabois nº 416.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Tramo I. Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, con orixe no paso aero-subterráneo da LMT SMR-723 proxectado en fachada do CT Sindicais Catabois (expediente 11.723) e final en empalmes proxectados na LMT SMR-711 entre CTC Sindicais Catabois e o CT Catabois Parrulo (expediente IN407A 71/2004), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) Al.

Tramo II. Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,368 km, con orixe no paso aero-subterráneo da LMT SMR-723 proxectado en fachada do CT Sindicais Catabois (expediente 11.723) e final en empalmes proxectados na LMT SMR-723 entre CTC Sindicais Catabois e o CT Catabois Militar (expediente 7.130), condutor tipo
RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) Al.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV (SMR-711), cunha lonxitude de 0,431 km, con empalmes proxectados na LMT SMR-711 entre CTC Sindicais Catabois e o CT Catabois Parrulo (expediente IN407A 71/2004), e final no paso aero-subterráneo proxectados na LMT SMR-711 na fachada do CT Catabois Militar (expediente 7.130) despois de realizar entrada e saída no CT Catabois nº 416, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) Al.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña