Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: LMTS, CT e RBT San Paio II.
Situación: Ribadavia.
Características técnicas:
LMT subterránea de 280 m, a 20 kV, con condutor RHZ1, con orixe na LMT existente CAS801 entre o CT San Paio (expediente 3502) e o CT COL F.F.P.P. (expediente 2915) e remate no CT proxectado, prefabricado San Paio II, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
RBT aereosubterránea, de 666 m en aéreo con condutor RZ e 1.812 m en subterráneo con condutor XZ1, derivada do CT proxectado San Paio II.
Orzamento: 256.573,59 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Ourense, 6 de maio de 2013
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense