Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Cotobade (expediente IN407A 2012/121-4).

A instalación denominada LMTS CT Pereiro-As Lagoas, no concello de Cotobade, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 19 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L.

Segundo o disposto no artigo 52 de Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 20 de xuño de 2013, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Cotobade.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 6 de maio de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS, CT Pereiro-As Lagoas.

Cultivo

Nome e apelidos

Domicilio

CP

concello

nº apoio

m2 apoio

ml voo

m2 voo

gabia ml

gabia m2

01

Matogueira

Dolores Solla Piñón

As Lagoas, 2

36858

Cotobade

85

02

Prado

Descoñecido

1

2

21

233

03

Matogueira

Descoñedido

11

04

Prado

Lino Bouzas Gesteira

Av. Buenos Aires, 74

36002

Pontevedra

2

05

Prado

Raimundo Rey Gesteira

Fontenova, 32

36859

Cotobade

127

06

Prado

Teresa Loureiro Franco

Pazos, s/n

36858

Cotobade

64

489

07

Matogueira

H. Calorina Faustino José e Luciano Piñón Loureiro

Gran Vía Les Corts Catalanes, 1029, 2º, 1ª

08020

Barcelona

19

08

Prado

Descoñecido

23

09

Prado

Felisa Bouzas Gesteira

Pazos, s/n

36858

Cotobade

2

2

8

74

71

142

10

Prado

Amando García Morgade

Vilanova, 14

36994

Poio

CT

16