Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19105

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO exposición pública sobre a instalación e apertura dunha tapería-viñoteca (expediente 10/11).

Daniel Sineiro Fontenla, en representación de Consulting Galego de Enxeñería, S.L., solicitou licenza municipal de actividade para instalación e apertura dunha tapería-viñoteca (expte. 10/11), que se situará na Aldea Comercial A Toxa, locais A31 e A32 (O Grove). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo, e formular por escrito as alegacións que xulguen pertinentes.

O Grove, 22 de abril de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde