Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19104

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública sobre ampliación do cemiterio municipal de Vista Alegre.

Neste concello tramítase de oficio expediente para licenza de actividade de ampliación do cemiterio municipal de Vista Alegre, parroquia de Boiro, actividade sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, exponse ao público polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 2 de abril de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde