Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, de corrección de erros da Resolución do 24 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, publicada no DOG número 93, do 16 de maio, do procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a adquisición de equipamento electromédico no marco do eixe 6, tema prioritario 76 do programa operativo de Galicia Feder 2007-2013, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea, con destino ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña
AB-SER2-13-002 (17 lotes).

Advertido erro nas prescricións técnicas relativas ao lote 17 Ecógrafo radiodiagnóstico, publicado no perfil do contratante na páxina web do Servizo Galego de Saúde
(www.sergas.es), con data 7 de maio de 2013, rectifícanse e publícanse, no mesmo medio, como: novo lote 17-Ecógrafo radiodiagnóstico.

As prescricions técnicas dos restantes lotes non se ven afectadas por esta rectificación.

O prazo de presentación de ofertas ampliarase en 36 días naturais, a partir do día seguinte á data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23.5.2013.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

P.D. (Decreto 43/2013, Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos