Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19106

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Irixo

ANUNCIO de información pública sobre legalización de actividade de industria madeireira.

Solicitada a licenza de legalización da actividade de industria madeireira na Bugalleira de Arriba, por Antonio e Francisco Vázquez Vázquez, sometida a avaliación de incidencia ambiental, tramítase neste concello o expediente oportuno.

De acordo coa lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir o período de información pública durante un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, contado desde a última publicación, e no taboleiro de anuncios do concello, para que as persoas que estean afectadas dalgún xeito pola devandita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

O Irixo, 9 de maio de 2013

Manuel Penedo Paradela
Alcalde