Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19039

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1141/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que neste xulgado se tramitan autos co número DSP 1141/2012, por instancia de Rosa M. Puente Puente contra Vaquero Sport Wear, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, nos que no día da data se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Rosa María Puente Puente, contra a empresa Vaquero Sport Wear, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con data do 15 de setembro de 2012, con efectos desde o 30 de setembro de 2012, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Vaquero Sport Wear, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 20.351,90 euros, con aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e esta resolución, cuantificados a razón de 42,44 euros diarios, que ascenden, por tanto a 8.658,58 euros.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Vaquero Sport Wear, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de abril de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial