Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19037

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (490/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 490/2011, por instancia de Ricardo Vilariño Rama contra a empresa Ferralla Lois, S.L., sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data do 2 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Ricardo Vilariño Rama contra a entidade Ferralla Lois, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Ferralla Lois, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de oito mil cincocentos setenta e nove euros con dez céntimos (8.579,10 euros). Esta cantidade devindicará o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

– Absólvese o Fogasa das pretensións exercidas contra el.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ferralla Lois, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de maio de 2013

A secretaria xudicial
Rubricado