Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 18976

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 22 de maio de 2013 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2013, convocadas pola Orde do 31 de decembro de 2012.

A Orde do 31 de decembro de 2012 (DOG nº 14, do 21 de xaneiro de 2013), establece na súa disposición adicional cuarta que se poderán ditar resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma pola Administración do Estado ou doutros remanentes dos módulos.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 31 de decembro de 2012, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron concedidas

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2012, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013:

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

11.03.323A.440.0

200700645

9.333,06

201200617

5.378,43

11.03.323A.460.1

200901008

69.886,05

201000817

116.424,47

201100643

113.996,84

201200617

2.241.726,14

11.03.323A.481.0

200901008

68.135,38

201000817

12.049,85

201100643

177.092,18

201200617

872.534,46

Total

3.686.556,86

Segundo. Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar