Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2012/114-2, 8083 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Concello da Pastoriza.

Domicilio social: praza de Galicia, 1, 27287 A Pastoriza, Lugo.

Denominación: CT e LMTS para alimentación de centro deportivo.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV con orixe nun centro de seccionamento que instalará a compañía distribuidora (BEGASA) no límite da parcela e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 49 metros, en condutor RHZ1-150.

– CT en edificio non prefabricado cunha potencia proxectada de 250 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, relación de transformación 20.000/400-230V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 24 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo