Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2012/72-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Frigoríficos Arcos, S.L.

Domicilio social: parque empresarial do Carballiño, parcelas 38-39.

Denominación: LMT, CS e CT para nave (cámara de conxelados).

Situación: O Carballiño.

Descricións técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 35 m con condutor RHZ1 e orixe na arqueta da LMT existente de Unión Fenosa Distribución, S.A., X=578354,15, Y=4698961,32, e remate no centro de seccionamento S. e CT proxectado, en caseta, de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 56.360,59 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 22 de abril de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense