Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012417AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 10 de abril de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2012417AL-CO incoado a Mª Dolores Piñeiro Iglesias (Pescadería Lolita).

Intentada a notificación da resolución, segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Mª Dolores Piñeiro Iglesias (Pescadería Lolita) o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 3 de maio de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012417AL-CO.

Interesada: Mª Dolores Piñeiro Iglesias (Pescadería Lolita).

DNI/NIF/CIF: 32631598-A.

Último enderezo coñecido: Mercado de Pontedeume,15600 Pontedeume.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: artigo 6, artigo 50 e artigo 51.1. Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e fixa procedementos relativos á seguridade alimentaria: artigo 14 e artigo 18. Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo (BOE núm. 202, do 24 agosto), que aproba a norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios: artigo 5. Regulamento (CE) núm. 853/2004, do 29 de abril (LCEur 2004 1990), que establece normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: anexo III, sección VII, capítulo I e capítulo VII.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 5.000 €.