Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013117AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 10 de abril de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013117AL-CO incoado a Proa Blanca, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Proa Blanca, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 3 de maio de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013117AL-CO.

Interesada: Proa Blanca, S.L. (taberna del puerto).

DNI/NIF/CIF: B15872955.

Derradeiro enderezo coñecido: porto de Ares, s/n,15624 Ares.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE nº 240, do 5 de outubro), artigos 57.2.c) 1º e 2º.

Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo), artigo 6, apartado 1 e 2. Artigo 50.1.b) e d). Artigo 51.1 parágrafo 3º.

Regulamento (CE) 178/2002, da Comisión do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOL nº 31, do 1 de febreiro de 2002), artigo 14, artigos 17 e 18.

Real decreto 1801/2003, do 26 de decembro, sobre seguridade xeral dos produtos (BOE nº 9, do 10 de xaneiro de 2004), artigos 2 e 3.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 5.000 € (cinco mil euros).