Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18912

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de información pública sobre expediente de delimitación do núcleo rural da Portela.

De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural en Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, o concello do Corgo expón a información pública o expediente de delimitación do núcleo rural da Portela, parroquia de San Xoán do Corgo, durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Corgo, 23 de abril de 2013

José Antonio Ferreiro González
Alcalde