Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18913

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cotobade

ANUNCIO de información pública relativo a un campo de tiro olímpico.

José Portela Leirós, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Borela, solicita licenza municipal para a apertura dun campo de tiro olímpico na parroquia de Borela deste concello. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante este prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Cotobade, 6 de maio de 2013

Jorge Cubela López
Alcalde