Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de convocatoria para a contratación do servizo de balizamento das praias do concello de Sanxenxo.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do servizo do balizamento das praias do concello de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de balizamento das praias do concello de Sanxenxo.

2. Duración do contrato: será dun (1) ano (ano 2013), sen posibilidade de prórroga en ningún caso.

3. Prezo de licitación: o orzamento máximo de licitación é de 119.383,55 €, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (en diante IVE). O IVE ascende a 25.070,55 € e o orzamento máximo de licitación e valor estimado do contrato, co IVE, é de 144.454,10 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado se ampliará ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 9ª e 10ª dos pregos respectivos.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo co sinalado nas cláusulas 11ª e 12ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Garantías: provisoria: non se precisa. Garantía definitiva: do 5 % do importe do prezo da licitación.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75.

11. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web
www.sanxenxo.es. Perfil de contratante.

Sanxenxo, 22 de maio de 2013

Catalina González Bea
Alcaldesa