Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18916

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria da Coruña

ANUNCIO de convocatoria de concurso público para o outorgamento dunha autorización para prestacion do servizo de comedor aos traballadores da Autoridade Portuaria da Coruña.

A Presidencia da Autoridade Portuaria da Coruña, en uso das facultades que lle confire o acordo do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, do 20 de decembro de 2006 (BOP nº 14, do 18 de xaneiro de 2007), no cal se delega na Presidencia a competencia para o outorgamento ou denegación de autorizacións por un prazo de ata tres anos de duración, acordou convocar o concurso público para o outorgamento dunha autorización.

Obxecto:

Explotación da cafetaría da Autoridade Portuaria da Coruña situada na praza de
Ourense, anexa ao local social, e a prestación do servizo de comedor aos traballadores da Autoridade Portuaria da Coruña.

Prazo da autorización: 3 anos.

A obtención da documentación e información realizarase no edificio sede da Autoridade Portuaria da Coruña das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, ou a través da páxina web (www.puertocoruna.com), con data límite para a obtención da documentación o mesmo día que finaliza o prazo para a presentación de ofertas.

Data límite de presentación de ofertas:

O prazo de presentación de ofertas finalizará ás 14.00 horas do vixésimo día hábil, contado a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións finalizará ás 14.00 horas do día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases do concurso.

Lugar de presentación de ofertas:

A documentación será presentada no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria da Coruña no horario indicado anteriormente ou enviada por correo dentro do prazo de admisión sinalado, respectándose, en calquera caso, o segredo da oferta.

Cando a documentación se envíe por correo, deberase xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax, correo electrónico ou telegrama no mesmo día, a algún dos seguintes enderezos:

Fax: 981 21 96 07.

Correo electrónico: registro@puertocoruna.com

Enderezo: avenida de La Marina, 3, 15001 A Coruña.

(Transcorridos dez días desde a finalización do prazo de presentación sen recibirse a documentación, esta non será admitida en ningún caso)

Apertura das ofertas:

As ofertas serán abertas en acto público na sede da Autoridade Portuaria da Coruña ao décimo día, contado a partir do día seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas.

O que se publica para coñecemento xeral.

A Coruña, 29 de abril de 2013

Juan Diego Pérez Freire
Director da Autoridade Portuaria da Coruña