Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18834

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3981/2010-CON).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3981/2010-CON desta sección, seguido por instancia de Pedro Luis García Prieto contra a empresa Montajes Indunor, S.A. e outros sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Pedro Luis García Prieto contra a sentenza do 15.12.2009 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en proceso sobre determinación de continxencia, promovido pola recorrente contra as entidades demandadas, e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo concepto Recurso seguido do código 35 Social Casación. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código 35 Social Casación. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Montajes Ordóñez, S.L, Belarmino Rodríguez Agraso, Ventura Fernández Pereira, Icon, Marvasa Dos, S.A, Pesquera Jonense, S.A. e Naval, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de abril de 2013

A secretaria xudicial