Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 165/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación LMTS Camiño do Souto Vello-Bombeo Pombal.

Situación: concello de Fene.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,743 km, coa orixe en paso aerosubterráneo que se vai realizar en apoio de celosía existente, s/n, da LMT VDC-704, tramo entre a derivada ao CT O Pote Maniños (expediente 22.370) e o CT Pereiro (expediente 3.853), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 mm² Al), e final en paso aerosubterráneo que se vai realizar en fachada de caseta do CT Pereiro (expediente 3.853), onde se vai conectar coa LMT VDC-704 antes do seccionador tripolar existente no interior da caseta, despois de realizar entrada e saída no CS Bombeo Pombal que vai instalar o cliente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución. Unha vez executada a instalación eléctrica, deberán achegar xunto coa solicitude de posta en servizo a autorización de cambio de titularidade do CS de cliente a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 17 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña