Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Piñor (expediente IN407A 2013/27-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS ao CS Ourensana de Envases.

Situación: Piñor.

Características técnicas:

LMT subterránea de 25 metros de lonxitude, a 20 kV, con condutor RHZ1 e con orixe na LMT ao CT Regueiro (32SDS6) e remate no CS Ourensana de Envases.

Orzamento: 4.723,01 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 25 de abril de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense