Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18773

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO de información pública sobre nave para estabulación libre de gando vacún e contrución de fosa de xurro en Tiagonce.

Manuel Benito Salvatierra Sánchez solicitou desta alcaldía licenza municipal para nave para estabulación libre de gando vacún e construción de fosa de xurro que se situará en Tiagonce, da parroquia de Lourenzá (Santa María) do termo municipal de Lourenzá. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Lourenzá, 30 de abril de 2013

Emma Álvarez Chao
Alcaldesa