Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18774

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (LAP/99/2013).

Talleres Cholo, S.L. solicitou licenza de apertura para taller de vehículos industriais-exposición e venda de recambios e vehículos en rúa Extremadura, esquina Andalucía-Cantabria, Santiago de Compostela (A Coruña). De conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/99/2013 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2013

P.D. (Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela do 28.2.2013)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible