Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18775

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2013 do Consello de Administración pola que se aproban os pregos de bases e de cláusulas de explotación e a convocatoria de concurso público para a adxudicación en réxime de autorización administrativa dun departamento situado no edificio dous do peirao de reparacións II do porto de Marín.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, na súa sesión do 25 de abril de 2013, aprobou os pregos de bases e de cláusulas de explotación para a convocatoria de concurso público para a adxudicación dun departamento situado no edificio dous do peirao de reparacións II, en réxime de autorización administrativa, de acordo co disposto no texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro (BOE nº 253, do 20 de outubro). En virtude deste acordo, as persoas físicas e xurídicas interesadas en participar no concurso poderán examinar os correspondentes pregos nas oficinas da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (División de Explotación), Parque de Cantodarea, s/n, Marín (Pontevedra).

As propostas presentaranse no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria no plazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ata as 13.00 horas do último día de presentación.

Marín, 26 de abril de 2013

    José Benito Suárez Costa    José Carlos Navarro Bernabeu
    Presidente da Autoridade Portuaria    Secretario da Autoriadade Portuaria
    de Marín e Ría de Pontevedra      de Marín e Ría de Pontevedra