Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre legalización de planta móbil de elaboración de formigón na Medorra.

Antonio Cubero Cubero con DNI 10043871-R, en nome e representación de Hormigones Valdeorras, S.A., con CIF A-32012528, solicitou licenza municipal para legalización de planta móbil de elaboración de formigón, que se instalará no lugar denominado A Medorra, neste municipio.

En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Gudiña, 3 de maio de 2013

Guillermo Lago Pérez
Alcalde