Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18770

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (M-7/2013).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: M-7/2013.

2. Obxecto do contrato: mantemento dos xardíns e espazos exteriores naturais dos colexios públicos de educación infantil e primaria do Concello da Coruña.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 58.000,00 euros anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil de contratante): www.coruna.es
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico:
suministros@coruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2º.

7. Clasificación: grupo O, subgrupo 6, categoría A.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que finalizará ás 13.00 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que se deberá presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou perfil de contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 16 de maio de 2013

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable da área de Facenda e Administración Pública