Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se acepta a solicitude de exclusión de parcelas do monte veciñal en man común de Vello, Coto, Cancelos, San Pedro, Abrigueiros e Carpazal, no concello de Calvos de Randín (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión celebrada no día 6 de febreiro de 2013, en relación coa solicitude de exclusión de parcelas do monte veciñal en man común de Vello, Coto, Cancelos, San Pedro, Abrigueiros e Carpazal, pertencente á parroquia de Castelaus, no concello do Calvos de Randín (Ourense), examinada a documentación presentada, e o informe favorable do Servizo de Montes, resolveu aceptar a solicitude da comunidade veciñal, e declarar as parcelas desde a 455 á 476 (ambas incluídas), 556 á 562 (ambas incluídas), 566 á 571 (ambas incluídas), 575 á 581 (ambas incluídas), incluíndo tamén as parcelas 589, 590, 591, 595, 597, 599, 601, 603 e 605, todas elas sitas no polígono 4 do concello de Calvos de Randín, de titularidade particular por existir un erro material na clasificación inicial do monte, e publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 10 de maio de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasifiación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense