Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, da subministración de mangueiras para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2013, proposta 4/13-I (expediente 22/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e entrega dun mínimo de 1.200 tramos de mangueiras para a realización de traballos de prevención e extinción de incendios forestais.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: o prazo máximo de entrega será de 5 días naturais, desde o día seguinte ao da sinatura do contrato (ou o prazo menor ofertado polo licitador).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 35111200-7.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 93.228 €. IVE (21 %): 19.577,88 €. Importe total: 112.805,88 €.

Valor estimado: 93.228 €.

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas letras I e J da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: 4.661,40 € (5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42/981 54 40 29 (consultas administrativas) 981 54 60 56/981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18846

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar a este rexistro único por correo dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, non sendo que for sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar